Evento: VII Festival Bal y Gay

  • Cartel del Festival Bal y Gay 2020 en A Mariña
VII Festival Bal y Gay
sábado, 15 agosto, 2020 - 12:00
Praza do Concello, Barreiros, Auditorio de Mondoñedo, Praza do Concello, Trabada
, Barreiros

VII Festival Bal y Gay

En 7 concellos da Mariña: Mondoñedo, Foz, Viveiro,Trabada, Lourenzá, Barreiros e Ribadeo

O VII Festival Bal y Gay de música clásica actuará como reclamo cultural e turístico dos concellos da Mariña entre o 12 e o 24 de agosto. 

A iniciativa contará con actuacións de preto dunha decena de intérpretes e bandas de música clásica como a Real Filharmonía de Galicia, o Quinteto InVento, Arcos Iris, o Cuarteto Cosmos, o Cuarteto Quiroga, Hot Chocolates ou Ensemble Bal y Gay. Os recitais terán lugar en lugares públicos, auditorios ou emprazamentos destacados da Mariña como a Catedral de Mondoñedo, a Basílica de San Martiño de Foz, a igrexa de San Francisco en Viveiro, así como na Praza do Concello dos municipios de Trabada, Lourenzá e Barreiros ou no auditorio de Ribadeo.

Ademais, no marco do festival celebraranse actividades como clases maxistrais, conferencias ou proxeccións centradas tamén na música clásica.

 

PROGRAMA 2020

12 AGOSTO. Mércores, 21:00h

ORQUESTA REAL FILHARMONIA DE GALICIA

Catedral de Mondoñedo

 

14 AGOSTO, 2020 Venres, 21:00h

MÚSICA BARROCA FRANCESA. SPONTE SUA CON ANA VIEIRA (SOPRANO) E FERNANDO SANTIAGO (BASSE DE VIOLÓN)

Iglesia de Santiago, Foz

 

16 AGOSTO, 2020 Domingo, 20:00h

PROXECCIÓN DOCUMENTAL DANCING BEETHOVEN

Auditorio de Mondoñedo e Casa da Cultura Foz

 

18 AGOSTO, 2020 Martes, 20:30h

CUARTETO COSMOS CON LUIS CÁMARA (CLARINETE)

Igrexa de San Francisco, Viveiro

 

19 AGOSTO, 2020 Mércores, 20:30h

RECITAL DE PIANO, JUAN PÉREZ FLORISTÁN

Pazo do Conde de Fontao, Foz

 

20 AGOSTO, 2020 Xoves, 20:30h

CUARTETO QUIROGA

Basílica de San Martiño, Foz

 

21 AGOSTO, 2020 Venres, 20:30h

NATHALY OSSA: MÚSICA QUE TRANSFORMA: COMO SE TRANSFORMAN SOCIEDADES A TRAVÉS DA MÚSICA?

Casa da Cultura, Foz

 

22 AGOSTO, 2020 Sábado, 20:30h

HOT CHOCOLATES Porto Chico, Foz

 

24 AGOSTO, 2020 Luns, 20:30h

ENSEMBLE BAL Y GAY

Auditorio de Ribadeo

 

CONCERTOS FAMILIARES

15 AGOSTO, 2020 Sábado

QUINTETO INVENTO: PEDRO E O LOBO DE S.PROKÓFIEV (ADAPTACIÓN PARA QUINTETO E NARRADOR)

12:00h Praza do Concello, Barreiros

18:00h Auditorio de Mondoñedo

20:00h Praza do Concello, Trabada

 

16 AGOSTO, 2020 Domingo

ARCOS IRIS – EL MUNDO SUENA

18:00h Praza do Concello, Viveiro

20:00h Praza do Concello, Vilanova de Lourenzá

 

 

Máis eventos de tipo Festival

Festival As Noites do Caudal Fest 2020
Aprazado
III As Noites de Caudal Fest
3 de setembro a 20 de setembro
3 de setembro a 20 de setembro
Praza de Augas Férreas / Explanada Gustavo Freire
Fic Bueu 2020
11 de setembro a 19 de setembro
Centro Social del Mar
Festival Primavera do Cine
15 de setembro a 20 de setembro
Varios espazos
Revoltallo
18 de setembro a 20 de setembro
Carballeira do Pedregal