Evento: Fic Bueu 2020
Fic Bueu 2020
O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu nace en 2008 como un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto. A crecente creatividade detectada en Galicia, en Europa e no resto do mundo, non se correspondía coa limitada oferta da nosa contorna, copada polas producións comerciais, as grandes distribuidoras e os países desenvoltos. O FICBUEU chega para abrir unha xanela cara ese cinema local e internacional de calidade a miúdo vetado ao gran público.
En 2020, o Festival celebrará a súa 13º edición cunha intensa e coidada programación. O Centro Social do Mar de Bueu (Pontevedra) acollerá un centenar de proxeccións entre o 6 e o 14 de setembro, pero tamén haberá múltiples actividades paralelas das que gozar. Sen dúbida, un plan perfecto para despedir o verán.
Máis eventos de tipo Festival