Evento: Irmandiñas

Irmandiñas
sábado, 11 xullo, 2020 - 18:30
Salón de Plenos do Concello ,
Cangas

Irmandiñas

Presentación do libro de Aurora Marco

AURORA MARCO

Escritora. Catedrática xubilada de Didáctica da Lingua e a Literatura Galega da USC. Autora de numerosa obra, nos últimos trinta anos centrouse na recuperación e visibilización das mulleres galegas: As Precursoras (1993); Mulleres e educación en Galiza (2002); Dicionario de mulleres galegas (2007); Mulleres na guerrilla antifranquista galega (2011); Teresa Alvajar López. Memorias dunha republicana (edit.) (2012); Elas (2015) ou o que aquí presentamos, Irmandiñas (2020).

PREMIOS: Tomás Barros, 1991; Anxel Fole, 1992; Luís Tilve, 2012; Sereo da Cultura, 2013; Mulleres en Acción, 2015; Galiza Mártir, 2016; “Mártires da Liberdade”, 2017.

Malia os tímidos avances que se produciron nas primeiras décadas do século XX, non foi nada doado para as mulleres a incorporación aos espazos públicos. As irmandiñas non foron unha excepción e a súa proxección pública foi abondo limitada se a comparamos coa dos compañeiros, mais o seu compromiso e actividades non foron en absoluto irrelevantes. Quer no activismo inicial tras o nacemento das Irmandades, quer nos coros e agrupacións teatrais, na actividade intelectual no Seminario de Estudos Galegos, no desenvolvemento editorial galego, na actividade política, no espallamento do ideal galeguista e republicano, na defensa da lingua, na escrita... Alí estaban as mulleres galegas cuxas traxectorias se recollen neste libro, para tentar cubrir un inxusto baleiro.


A través dunha pescuda perseverante en hemerotecas, arquivos, fundacións, a través de fontes orais, a autora de Irmandiñas confirmou documentalmente que na acción social, cultural e política, tamén estaban elas, mais ese mantelo tan opaco que as cubriu e que apenas deixou pasar unha raiola de luz sobre as súas vidas e accións, foinas envolvendo até a actualidade. Todas as que figuran no libro desenvolveron a súa actividade no período 1916-1936 e pódense encadrar dentro das entidades, asociacións, grupos ou organizacións que encabezan cada capítulo. Mulleres que deixaron a leira decruada e a semente botada. É tempo de recolleita.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

O MODERNISMO
23 de abril a 4 de xuño
Museo de Belas Artes
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo
1 de abril a 30 de xuño
Museo Liste Vigo
Presentación libro
26 de abril
Biblioteca Pública de Ourense