Evento: David Perdomo

David Perdomo
domingo, 13 setembro, 2020 - 20:00
Auditorio Pascual Veiga,
Mondoñedo

David Perdomo

Monólgo do actor e cómico.

David Perdomo formouse en casa Hamlet e na compañía Estragón, con quen virou por toda España, para especializarse despois no humor e a comedia da man de Manicómicos e Escola do Trinque. Durante dous anos viaxa a Avignon ao festival Internacional de Teatro a presentar traballos e a formarse con xente da talla de Leo Bassi.

En 2009 crea xunto a Alberto castaño "S Koruño", unha parodia da sociedade coruñesa coa que se labrou unha lexión de seguidores, ao redor de 50M en todas as súas redes sociais. Nos últimos anos labrouse un nome na televisión autonómica. En programas como ?Land Rober? e Ecce Perdomo, programa que se estreou en 2019 na televisión de Galicia.

Co paso dos anos, tanto a experiencia persoal como a profesional servíronlle como escola para que as súas actuacións estean cada vez máis cargadas de franqueza e espontaneidade. Facendo sempre sátira da sociedade.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas e o gran reto
1 de agosto
Praza do Floreal
poesia_enriba_2025_cartel
Poesía EnRiba
1 de agosto
Museo Etnolóxico de Ribadavia
poesia_enriba_2025_cartel
Poesía EnRiba
2 de agosto
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Os Bolechas e o gran reto
4 de agosto
Praza do Centro Multifuncional Xesús Mato Mato