Evento: Simulación SAFe: Experimentar a autoorganización a nivel de equipos de equipos áxiles
Simulación SAFe: Experimentar a autoorganización a nivel de equipos de equipos áxiles
Esta xornada é unha reedición, debida ao alto interese espertado, da realizada o pasado 24 de abril; polo que se prega que non se inscriban nela persoas que xa asistiron á primeira edición.
No escenario actual, as empresas necesitan que os seus proxectos, especialmente os estratéxicos sexan desenvolvementos adaptables a unhas contornas cambiantes e con tempos moi limitados para obter resultados que aporte gran valor ao negocio.
Utilizar Agile/Scrum xa é a solución pola que optan a maior parte das compañías, e gran parte das mesmas teñen varios equipos traballando baixo estes marcos. Cando xorde a necesidade de aliñar e sincronizar varios equipos áxiles ao redor dun mesmo proxecto ou produto é cando SAFe achega co concepto de ART, o equipo de equipos autoorganizado e multifuncional a semellanza dos equipos áxiles.
Esta xornada ten por obxecto introducir o concepto de equipo de equipos áxiles (ART) e o nivel essential do marco Scaled Agile Framework (SAFe) seguido dunha simulación dunha planificación trimestral, PI Planning.
A axenda de contidos a tratar será a seguinte:
Introdución ao concepto de ART (equipo de equipos)
Introdución ao nivel de programa (ART)
PI Planning, o corazón de SAFe
Simulación planificación trimestral SAFe city
A simulación pretender dar unha aproximación á vivencia da autoorganización posible entre equipos mediante unha experiencia colaborativa online utilizando ferramentas remotas. Esta simulación trata sobre a planificación que debe realizar un equipo de equipos que deben construír un mínimo produto viable dun novo sistema de comercialización colaborativa de libros técnicos.



