Evento: Cociñeiras ilustradas: Ángeles Díaz - Crema de arroz con cabaza e luras

Cociñeiras ilustradas: Ángeles Díaz - Crema de arroz con cabaza e luras
sábado, 20 xuño, 2020 - 10:00
Evento online,
Santiago de Compostela

Cociñeiras ilustradas: Ángeles Díaz - Crema de arroz con cabaza e luras

Divertidas receitas animadas para preparar e papar coa cativada.

Tirastes proveito destes meses do obrigado #quedanacasa para cociñar pratos cos pequenos  e pequenas da familia? Seguro que si! Por iso, agora podedes xuntos/as dar un chanzo máis na vosa destreza na arte dos fogóns con receitas animadas e sinxelas, e non por iso menos saborosas, para preparar e papar coa cativada, grazas ás nosas Cociñeiras ilustradas! Cada sábado contades cun novo e larpeiro plan de fin de semana que vos vai resultar un xeito divertido de achegarlles aos vosos nenos e nenas a cociña e o coñecemento de alimentos e hábitos saudables, que son moi importantes na súa nutrición e crecemento.

 

ÁNGELES DÍAZ

Vídeo-receita de Crema de arroz con cabaza e luras

Co álter ego Axóuxeres e chisqueiros, esta coruñesa (1989) é xeradora de historias a través da educación artística de día e contadora gráfica, a través da ilustración, á noite. Estudou Belas Artes na Universidade de Vigo e é mestrado en educación na Universidade da Coruña. Axóuxeres e chisqueiros xorde como resposta a todas esas historias gardadas nun caixón desde pequena e ás ganas de contar con imaxes.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Van Gogh
23 de outubro
Filmoteca de Galicia
Danza no foco
24 de outubro
Filmoteca de Galicia
El niño
24 de outubro
Filmoteca de Galicia