Evento: O meu baleiro

O meu baleiro
venres, 1 maio, 2020 a martes, 30 xuño, 2020
Evento online,
Santiago de Compostela

O meu baleiro

Descubre a mensaxe que nos envía Marcos Viso e desfruta da narración que fai dun fragmento da súa última obra.

Nesta obra, dirixida principalmente ao público infantil e mozo, tamén aborda o valor da amizade e de renunciar ao orgullo para deixarse axudar ante una perda.

“O meu baleiro” é un álbume ilustrado no que Marcos Viso (Ourense, 1973) reflexiona sobre as dificultades de afrontar o dó, así como sobre as distintas maneiras de vivir unha perda, “transformando o baleiro que nos deixa nun fermoso recordo”, tal e como indica a súa editorial, Hércules Edicións. Nesta obra, dirixida principalmente ao público infantil e mozo, tamén aborda o valor da amizade e de renunciar ao orgullo para deixarse axudar ante una perda.

Este proxecto concebíase moito antes da chegada da pandemia do coronavirus e Viso considera este libro, do que é autor de textos e ilustracións, unha premonición. “Na situación na que nos encontramos é un tema que está moi presente”, explica, “non quixen facer un manual, “O meu baleiro” é unha reflexión sobre as ausencias que crean baleiros, o medo, a soidade, as dúbidas, a aceptación dunha perda, pero tamén da amizade e de como esta puede axudar a transformar esa falta nun recordo agradable”.

O proceso de elaboración das ilustracións da obra, no que se usou a técnica dixital, foi plantexado por Marcos Viso como se “esculpira unha obra de arte”.

Máis eventos de tipo Espectáculo

os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril
Multiúsos da Xunqueira
Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia