Evento: DJ Grobas

DJ Grobas
luns, 21 decembro, 2020 - 21:00
Evento online,
A Coruña

DJ Grobas

Sesión en streaming do DJ Grobas

DJ vinculado á escena desde o 96, onde foi residente en HOUSE CAFÉ e TELEFUNKEN. Foi o primeiro dj galego que picou no Sónar, no ano 1998 e posteriormente foi convidado en tres ocasiones máis. 

En 2005 crea as míticas 981SESSIONS xunto Producións Praia Club, seguidamente o 981FESTIVAL dos que foi o encargado da programación de música electrónica e dj residente. Ambos os eventos marcaron unha época na súa cidade natal, A Coruña, pola calidade dos artistas e a gran atmosfera que se creou neles.

O percorrido da súa carreira chegou a UK, USA, Rusia, Alemaña, Portugal en clubs como Cocoon (Frankfurt), Propaganda (Moscova), 1001 (Londres), Shapire Lounge (NY), Gare (O Porto) e en toda España, en salas e festivais como Moog e Row (Barcelona), Industrial Copeira (Selecta), Fabrik (Madrid), Metro (Alacante), Clubbers (Madrid), etc. 

Agora está inmerso no seu novo proxecto, RETROFUTURE, xunto a You_o, onde xa actuaron Marc Piñol, Pional, Virginia ou John Talabot.

Máis eventos de tipo Concerto

A Roda – Xira 2025
11 de agosto
Praza de España
Concerto
14 de agosto
Praza da Galicia
Concerto de Abril Dúo
14 de agosto
Campo da Feira
Ghrelo power
15 de agosto
Alameda