Evento: Galicia na túa casa: Catedral de Santiago de Compostela

Galicia na túa casa: Catedral de Santiago de Compostela
mércores, 1 abril, 2020 a martes, 30 xuño, 2020
Evento online,
Santiago de Compostela

Galicia na túa casa: Catedral de Santiago de Compostela

Visita virtual pola Catedral de Santiago

Bernardo o Vello, Mestre Admirable, e Roberto, inician a construción da Catedral Románica no ano 1075, baixo o reinado de Alfonso VI e sendo Bispo D. Diego Peláez. Tras esta etapa inicial, diversos avatares suspenden ou, cando menos, retardan as obras ata que toman un novo impulso en tempos do Arcebispo Gelmírez, no ano 1100, a cargo do Mestre de Praterías; aos poucos a construción da Catedral irá avanzando ao longo do século XII, encargándose, en 1168, ao Mestre Mateo, a terminación da mesma, incluíndo o peche occidental e a construción do Coro na nave maior, de maneira que en 1211 celébrase a consagración da Basílica coa presenza de Alfonso IX.

Aínda que a estrutura medieval mantívose no fundamental, ao longo dos séculos a Catedral foi variando a súa fisonomía coa construción no Renacemento do Claustro e os seus espazos anejos e, sobre todo no Barroco, en que se realizan obras como a capela maior, os órganos, o peche da cabeceira ou a fachada do Obradoiro entre outras importantes actuacións. Durante o Neoclasicismo realízase a nova fachada da Azabachería e nos últimos cen anos seguíronse realizando diversas actuacións. 

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

visitas escolares todo o curso 2025-2026 no Museo de Belas Artes da Coruña
Visitas escolares
8 de setembro a 21 de xuño
Museo de Belas Artes
Obradoiros e visitas para o curso escolar no Museo Massó
Obradoiros e visitas guiadas
8 de setembro a 19 de xuño
Museo Massó
ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA EN COMPOSTELA. Rutas de arquitectura - Reedición
14 de febreiro a 14 de novembro
Centro Galego de Arte Contemporánea
O Museo a fondo. Serafín Martínez del Rincón y Trives
12 de marzo a 20 de xuño
Museo de Belas Artes