Evento: Espiño en directo

xoves, 28 maio, 2020 - 21:30
Borriquita de Belém
, Santiago de Compostela

Espiño en directo

Concerto en formato banda de pop, psiquedelia, folk, e rock progresivo

Interpretación en directo das composicións orixinais de Alfonso Espiño, con guitarra e baixo eléctricos, teclados e batería, máis tres voces.

Espiño ofrece nos seus concertos unha entrega total, con enerxía e forza melódica garantizadas, onde que todo xira arredor de distintas vertentes do pop coma a psiquedelia, o folk rock e o rock sinfónico e progresivo, pasando de cancións de menos de dous minutos a longas e evocadoras pasaxes instrumentais.

Músicos: Alfonso (voz principal e baixo eléctrico), Brais (guitarra eléctrica e coros), Alexandro (teclado e coros) e LAR Legido (batería con bombo, caixa e pratos)

 

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

Stormy Trucks
4 de xuño, 21:30
Borriquita de Belém
Tor en concerto
5 de xuño, 22:00
Arca da Noe
Pepe Vaamonde Grupo
5 de xuño, 22:30
A Fundación
A Malfalada
6 de xuño, 23:00
Clavicémbalo