Evento: 26ª Festival Internacional de Teatro Universitario USC
26ª Festival Internacional de Teatro Universitario USC
O Salón Teatro de Santiago volve abrir as súas portas á escena universitaria como sede da 26ª edición do Festival Internacional de Teatro Universitario, que organiza a Vicerreitoría de Comunicación, Cultura e Servizos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) do luns 10 ao venres 14 de febreiro.
A sede do Centro Dramático Galego (CDG) recibirá cinco espectáculos, dos que dous corren a cargo de compañías galegas e as tres restantes de formacións universitarias chegadas desde Almería, Lituania e Portugal.
As cinco funcións do festival terán lugar ás 21,00 h. e a entrada é de balde, previa retirada dos convites no despacho de billetes do Salón Teatro, que estará aberto desde dúas horas antes do comezo das representacións.
PROGRAMA
Luns 10
AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA. COMPAÑÍA DE TEATRO
En inverno non vai tempo para ir á praia, pero ti insistiches en ir e facer un pic-nic.
Duración: 47 minutos
Lingua: galego
Martes 11
TEATRAS STUDIJA PALĖPĖ. VILNIAUS GEDIMINO TECHNIKOS UNIVERSITETAS. Lituania
La isla
Duración: 85 minutos
Lingua: lituano (subtítulos en castelán)
Mércores 12
AULA DE TEATRO DE LA UNIVERSIDAD DE ALMERÍA
Nana
Duración: 60 minutos
Lingua: español
Xoves 13
ESCOLA SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICA DE GALICIA
Doentum imaxinaribus
Duración: 50 minutos
Lingua: galego
Venres 14
TEATRUBI. UNIVERSIDADE DA BEIRA INTERIOR. Covilhã, Portugal
Cântico negro
Duración: 45 minutos
Lingua: portugués