Evento: Procesión do Santo Encontro

Procesión do Santo Encontro
venres, 15 abril, 2022 - 11:00
Praza de San Miguel dos Agros,
Santiago de Compostela

Procesión do Santo Encontro

PROCESIÓN DO SANTO ENCONTROConfraría do Noso Pai Xesús Nazareno e a Santísima Virxe das Dores
CelebraciónVenres Santo: 15 de abril de 2022
Horario11:00 h
SedeIgrexa de San Miguel dos Agros
PercorridoPraza da Quintana (Sermón do Encontro) – Rúa da Conga – Praza das Praterías – Rúa do Vilar – Praza do Toural – Rúa Nova – Rúa da Conga – Rúa do Preguntoiro – Praza de Cervantes – Rúa da Algalia de Arriba – Rúa de San Roque – Rúa do Hospitaliño – Porta da Pena - Praza de San Martiño Pinario – Igrexa de San Miguel dos Agros.
En caso de chuvia, organizarase o Sermón do Encontro na Catedral.
A ter en conta...Procesiona o Venres de Paixón (procesión das Dores) e o Venres Santo (procesión do Santo Encontro).Procesiona con cruz parroquial, música de banda de cornetas e tambores e banda de música municipal.Os seus confrades visten hábito de sarga negro con puños, faixa e carapucha de moiré morado.As imaxes da Virxe das Dores e do Noso Pai Xesús Nazareno visten manto de veludo confeccionado e bordado nos obradoiros de costura Porto na segunda metade do século XX.Na procesión do Santo Encontro procesionan ademais as figuras de San Xoán e da Verónica.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Bases XVII_ATLANTE
XVII Premio Atlante de Gravado
14 de setembro a 31 de maio
Colección Visitable Fundación Museo de Artes
Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2025-26
18 de setembro a 4 de xuño
Avenida do Burgo das Nacións
Club de lectura infantil (3º a 6º de primaria)
7 de novembro a 22 de maio
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola