Evento: Visitas á exposición 'Galicia, un relato no mundo'
Visitas á exposición 'Galicia, un relato no mundo'
A través do ciclo ‘Historias na encrucillada’, todos os sábados pola mañá desde o 14 de decembro, o público poderá mergullarse dun xeito diferente na exposición 'Galicia, un relato no mundo', afondando nunha etapa histórica ou temática concreta da man de grandes expertos nesa materia. Aspectos como a II Guerra Mundial, as invasións vikingas, a Galicia galaicorromana ou a Idade Media e o Camiño de Santiago serán protagonistas deste programa de visitas, todas elas de balde, que desenvolve a Cidade da Cultura ata a clausura da exposición o 12 de abril.
Cada sábado -agás Nadal, Entroido e Semana Santa-, o público terá así a oportunidade de descubrir a mostra cunha óptica diferente, a través dunha visita en sala a modo de conferencia, versada nun aspecto concreto da exposición do que é especialista o relator ou relatora. As diferentes quendas estarán guiadas por persoas integrantes do comité científico e colaboradoras do catálogo da exposición, iranse anunciando nesta mesma web nos vindeiros meses.
Todas as visitas son de balde e con prazas limitadas, polo que é necesario rexistrarse previamente.
DATAS
14 de decembro | Un percorrido polas grandes liñas e fitos da exposición, con Manuel Gago Mariño, profesor, xornalista e comisario de ‘Galicia, un relato no mundo’ | 120 min.
21 de decembro | A diáspora, con Pilar Cagiao Vila, profesora titular de Historia de América na USC e asesora especial para a emigración de ‘Galicia, un relato no mundo’ | 60 min.
11 de xaneiro | Un percorrido polas grandes pezas artísticas da exposición, co profesor en Historia da Arte da USC Juan Manuel Monterroso | 60 min.
18 de xaneiro | Ciencia e innovación na Galicia do século XXI, co divulgador científico Manuel Vicente | 40 min.
25 de xaneiro | A viaxe dos símbolos, con Manuel Gago Mariño, profesor, xornalista e comisario de ‘Galicia, un relato no mundo’ | 90 min.
1 de febreiro | A II Guerra Mundial, con Emilio Grandío, Profesor titular de Historia Contemporánea e de América da USC | 60 min.
8 de febreiro | A Idade do Ferro, con Rafael Rodríguez Martínez, arqueólogo da Deputación de Pontevedra | 60 min.
7 de marzo | Aventuras e conflitos, con Manuel Gago Mariño, profesor, xornalista e comisario de ‘Galicia, un relato no mundo’ | 90 min
4 de abril | Visita xeral, con Manuel Gago Mariño, profesor, xornalista e comisario de ‘Galicia, un relato no mundo’ | 120 min
Información práctica
- Comezo ás 12:00h
- Prazas limitadas.
- Entrada de balde, previa inscrición na quenda seleccionada.
- Cada mes abriranse as quendas de reserva correspondentes ao mes seguinte.
- No caso de que estar interesado/a nalgunha quenda e quedar sen praza, os interesados/as poden inscribirse na listaxe de reserva de online@cidadedacultura.org.
Organiza: Xunta de Galicia | Fundación Cidade da Cultura de Galicia | Programación Xacobeo 2021



