Evento: A Banda Xangai + Rastreros

A Banda Xangai + Rastreros
sábado, 18 xaneiro, 2020 - 21:00
Sala Malatesta,
Santiago de Compostela

A Banda Xangai + Rastreros

Culturactiva S. Coop Galega e a Sala Malatesta celebran tan sinalada data cun concerto dos protagonistas desta explosión musical con denominación de orixe: O Bravú

Hai 25 anos naceu o Bravú,  un fenómeno cultural que chegou con acento galego qpara marcar a toda unha xeración. Rastreros e a Banda Xangai poñen a música e se proxectará o documental "XX anos de bravío" dirixido por Anna Diz.

Xúntanse na Banda Xangai nomes importantes da música galega, de bandas xermolo do movemento Bravú e proxectos posteriores: Os Diplomáticos de Monte Alto (Xurxo Souto e Pulpiño Viascón), Os Papaqueixos (Xan Xove e Antón Díaz), O Jarbanzo Negro (Nacho López), Dios Ke Te Crew (García), As Garotas de Ribeira (Sofía Tarela), A Magnifique Bande dos Home Sen Medo (Martiño Mato e Olivier Cano)... Xuntos conforman unha locomotora musical de vocación festiva.

Xangai é moito máis que un grupo: colle prestado o alcume do tren que durante décadas uniu Galicia e Catalunya. Ese intercambio humano, social, cultural e artístico entre o Atlántico e o Mediterráneo é o fío condutor dunha iniciativa única da que xa agromaron festivais poéticos ou formacións musicais e que viviu un dos seus puntos culminantes na celebración do 40º aniversario do Ateneu Nou Barris de Barcelona, o centro social máis antigo do Estado e que sempre contou cunha forte presenza da emigración galega.

Rastreros conta Xavier Valiño que o nome saliu do que lles dicíao Algarrobo, un sastre comunista: “Sodes uns rastreiros”. Utilizan como local de ensaio, unha cuadra na aldea de Quintá (Chantada). Parece ser que tras o seu primeiro ensaio, as vacas non deron nin gota de leite.
Pouco a pouco vanse facendo un nome nas frías terras do Monte Faro, quentando o ambiente a base de moitas revolucións e unhas ganas de festa contaxiosas das que damos fe os que tivemos a oportunidade de velos en directo.

 

 

Máis eventos de tipo Concerto

Andrés Calamaro
25 de xuño
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro
Música das Illas, Música do Mar
26 de xuño
Museo do Mar de Galicia
Maxicamente
26 de xuño
Praza Maior
Nikki Hill + Sr. Salvaje
26 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5