Evento: Programa de concertos da Sociedade Filarmónica de Lugo.

Programa de concertos da Sociedade Filarmónica de Lugo.
venres, 17 xaneiro, 2020 - 20:00
Círculo das Artes,
Lugo

Programa de concertos da Sociedade Filarmónica de Lugo.

Da tempada 2019/2020.

Un total de 12 concertos, con orquestras, solistas e agrupacións de cámara de primeira fila, que terán lugar no Círculo das Artes entre o 18 de outubro e o 14 de maio de 2020. 

A tempada comezou o 18 de outubro, coa Real Filharmonía de Galicia e o pianista ucraíno Dmytro Choni, gañador do Concurso de Piano Pomba Ou´Shea de Santander, que interpretaron o Concerto para piano e Orquestra nº2 de Chopin xunto á Sinfonía ?Escocesa? de Mendelssohn.

A Orquestra Vigo 430 participará en tres datas durante o ciclo, en formato sinfónico e barroco, ademais de acompañada polo Coro Rías Baixas. O primeiro concerto da orquestra viguesa será o 15 de febreiro, en conmemoración do 250 aniversario de L. V. Beethoven onde, xunto á violinista Rosanne Philippens, interpretarán o Concerto para Violín de Beethoven e máis a súa 2ª sinfonía. Para o 25 de xaneiro, dirixida polo oboista portugués Pedro Castro, interpretarán Cantatas de J.S. Bach e o Concerto para oboe de Marcello. O 21 de marzo será a última aparición desta orquestra na tempada, onde a acompañará o Coro Rías Baixas, e dirixidos por Lina Tur Bonet interpretarán a Paixón segundo San Xoan de J.S.Bach, un dos cumes do repertorio barroco.

Un dos temas centrais desta tempada será a celebración do 250 aniversario de L. V. Beethoven. Destacan os seus cuartetos de corda, que estarán presentes en varios concertos. O primeiro destes será o 17 de xaneiro, cun dos cuartetos de corda máis prestixiosos do mundo, os estadounidenses Brentano String Quartet. O 16 de marzo, Ensemble Trifolium incluirá no seu programa outro cuarteto do compositor alemán, finalizando o percorrido polo seu repertorio o 4 de abril co Cuarteto Quiroga.

O 7 de decembro, o vienés Franz Schubert terá un lugar especial, co ciclo de cancións "A Viaxe de Inverno", obra fundamental do vienés e do romanticismo alemán. A cargo de dous grandes especialistas na materia, o barítono Vicente Antequera e o pianista Óscar Oliver.

O 25 de abril, Rusanda Panfili ao violín e Dana Pentsov en viólaa poñeranse á fronte da Ensemble Vigo 430 para ofrecer un programa con dúas obras de cámara excepcionais: o Octeto no meu menor de Mendelssohn e o Sexteto nº2 de Brahms.

Giorgi Gigashvili, último gañador do Concurso Internacional de Piano Ciudad de Vigo ofrecerá un recital de piano o 4 de marzo xunto o Reflexions Ensemble, que actuará por primeira vez en Lugo o 26 de novembro, serán dous das pezas máis destacadas da tempada que finalizará o 14 de maio cun concerto a cargo da Orquestra Sinfónica de Galicia, cun programa de música francesa, e que será o concerto número 700 da Sociedade Filarmónica de Lugo.

 

 

Programa:

 

Venres 17 de xaneiro de 2020: Brentano String Quartet (USA), un dos cuartetos de corda máis prestixiosos do mundo.
Beethoven 2020 (250 aniversario) A celebración do 250 aniversario do nacemento de L. V. Beethoven será un dos fitos do 2020 .
L.V. Beethoven: Cuartetos op. 18 nº 5 e Op. 127.

 

Sábado 25 de xaneiro de 2019: Orquestra Barroca Vigo 430.
Pedro Castro, óboe e dirección / Mónica Monteiro, soprano.
J. S. Bach: Cantatas BWV 84 e BWV 202 / A. Marcello: Concerto para óboe.

 

Sábado 15 de febreiro de 2019: Orquestra Sinfónica Vigo 430.
Rossane Philippens, violín e dirección.
Beethoven 2020 (250 aniversario).
L.V. Beethoven: Concerto para violín en re M / Sinfonía nº 2.

 

Mércores 4 de marzo de 2019: Giorgi Gigashvilli (Gañador do Concurso Internacional de piano Cidade de Vigo)
Obras de F. Chopin, R. Schumann, A. Scriabin e D. Shostakóvich.

 

Luns 16 de marzo de 2019: Ensemble Trifolium (grupo significativo na interpretación historicista).
J. P. de Almeida: Un músico ilustrado en terras lucenses.
J. P de Almeida: Cuartetos op. 6 e op. 4 / L.v. Beethoven: Cuarteto op. 18 nº 6.

 

Sábado 21 de marzo de 2019: Orquestra Barroca Vigo 430.
Lina Tur Bonet, dirección. Coro Rías Baixas.
J. S: Bach:»Paisión segun San Juan»,  unha das cumenes do repertorio barroco.

 

Sábado 4 de abril de 2019: Cuarteto Quiroga (o cuarteto de corda máis internacional na actualidade do noso país).
Programa en preparación.

 

Sábado 25 de abril de 2019:   Ensemble Vigo 430.
Rusanda Panfili, violín / Dana Pentsov, viola.
F. Mendelssohn: octeto no meu m / J. Brahms: sexteto nº 2.

 

Xoves 14 de maio de 2019: Orquestra Sinfónica de Galicia.
José Trigueros, director / María José Ortuño, frauta.
Obras de C. Debussy, J. Ibert e F. Poulenc.

Máis eventos de tipo Concerto

Alexander Abreu y Havana D´Primera
17 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Los Straitjackets + Mad Martin Trio
18 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
O rianxeiro
19 de xuño
Pavillón Bernabé Costas
Serán’04. IV Encontro Galego de Cultura Popular
20 de xuño a 22 de xuño
Lugar de la Ciudad de la Cultura