Evento: La Strada
La Strada
‘La Strada’ conta a historia de tres personaxes que se atopan no camiño durante a postguerra. Tres personaxes atrapados nunha vida á que están condenados polo seu propio carácter a un destino tráxico que resulta inevitable. A través de tres personaxes case sen artificio, ‘Lastrada’ fala de todos nós, da nosa dificultade para cambiar, para loitar contra as ideas preestablecidas que moldean o noso pensamento deforma invisible, da nosa cegueira para romper as cadeas que nos impiden saír da caverna e coñecer...para ser máis libres. Entrañable e conmovedora, ‘La Strada’ é como mirar un lago cristalino. Vemos o fondo, pero só temos que cambiar o foco para vernos reflectidos nós mesmos. ‘La Strada’ é unha fábula de rabiosa modernidade. Unha traxedia onde o dramático e o simbólico conforman un relato poético sobre a fraxilidade con a que construímos o sentido da nosa vida. A poesía e a miseria únense nesta obra que reflicte a Italia da Postguerra. Todo comeza cando unha rapariga inxenua e tranquila é vendida pola súa nai a un forzudo de circo, bravucón e violento para que lle axude no seu espectáculo ambulante. No camiño xorde entre eles un indicio de amor, que non consegue aflorar a causa do orgullo del e a timidez dela. Ambos comparten unha profunda soidade e unha vida de marxinación, desarraigamento e miseria, ata que se atopan co Tolo, outro artista de circo que provocará os celos de Zampanó e con iso un tráxico desenlace.
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios
