Evento: Ñam!

Ñam!
domingo, 24 novembro, 2019 - 12:00
Pazo da Cultura
, Narón
Novo espectáculo de teatro para bebés de Caramuxo Teatro

Despois da gran acollida de "Glub, Glub" e "Zapatos" Caramuxo Teatro presenta "Ñam!", un novo espectáculo de teatro para bebés. Comer é un pracer, mais antes hai que cociñar e escoller os mellores productos: porque as mazás poden ser verdes ou vermellas, as galletas grandes ou pequenas, os tomates da casa ou do outro lado do mundo.¡A mín encántame o doce!¡Pois eu prefiro o salgado! Facer unha receta e facela ben, non é tan doado como parece. Hai que ter bos ingredientes, misturalos na orde precisa e con cariño. Dúas persoas ás que lles encanta comer e unha receita. ¿Como saberán esas novas galletas?  "Ñam!" é un espectáculo moi visual, envolvente, que mistura disciplinas como o teatro e a danza, en clave de comedia. Unha proposta creada a partir do mundo da cociña para ver, escoitar, ulir, sentir e saborear en familia.

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Contos con Roque
4 de agosto, 12:30
Praza da Constitución
Contos do recreo
4 de agosto, 21:00
Patio Colexio nº 1
Muiñada
8 de agosto, 12:30
Muíños
Pepe Vaamonde Trío
10 de agosto, 21:00
Praza da Constitución