Evento: Mai Mai

sábado, 23 maio, 2020 - 18:00
Teatro Principal
, A Estrada
Espectáculo infantil a cargo de Baobab Teatro

"Mai Mai" É  a historia do último  Oso Panda do planeta e a súa loita por sobrevivir, a falta de comida e os problemas ocasionados polo  quentamento global fan difícil a supervivencia desta especie. Unha muller emprendedora e moi revolucionaria e un famoso fotógrafo comezan unha viaxe por separado para atopar o último Panda do planeta, toda unha aventura na que se atoparán unha chea de problemas que solventar….

Unha historia tenra e moi divertida onde se mestura o amor, a codicia, o éxito e a concienciación medioambiental.Unha historia que fala de revolución,  que plasma o empoderamento da muller e nos fará meditar sobre o que estamos a facer co noso planeta.

Elenco artístico: Xose Manuel Esperante , Andrea Bayer e Óscar Ferreira

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Crunch!
31 de maio, 18:30
Auditorio municipal Gustavo Freire
Senior
6 de xuño, 21:30
Auditorio municipal Reveriano Soutullo
Dreaming Juliet
19 de xuño, 20:30
Teatro Rosalía Castro
Dreaming Juliet
20 de xuño, 20:30
Teatro Rosalía Castro