Evento: Cores, contos e rock&roll

sábado, 28 setembro, 2019 - 20:00
Parque da Igrexa de Cambre
, Cambre

Cores, contos e rock&roll

Concerto infantil de rock a cargo de A Gromola Gominola

Contos, Cores e Rock´n´Roll chega da man de Pakolas como un espectáculo de pequeno formato onde a interacción coas nenas e nenos, a súa música acompañada por contos e historias, e as cores e debuxos en directo de Laura Romero son o principal atractivo para o público. Esta proposta multidisciplinar crea así unha escena na que non so se pode gozar da música, senón tamén do debuxo e as cores que a rodean. Un espectáculo para todos os sentidos.

Paco Cerdeira (Pakolas) guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e tocando a guitarra, e contando nesta ocasión co apoio de Laura Romero (Ilustradora), dando unha nova dimensión visual coa creación en directo de debuxos con cores que acompañan ás cancións e contos que nelas se recollen, e axudando así a Pakolas na presentación dos seus protagonistas animais.

Máis eventos de tipo Concerto

Best Boy
28 de maio
Plaza de Santa María (en caso lluvia, Facultade de Veterinaria)
Espiño en directo
28 de maio
Borriquita de Belém
Óscar Rosende & Great Straits
29 de maio
Teatro Colón