Evento: Saló o los 120 días de Sodoma

  • Saló
Saló o los 120 días de Sodoma
venres, 24 outubro, 2014 - 20:30
Centro Galego de Artes da Imaxe,
A Coruña

Saló o los 120 días de Sodoma

Ciclo en colaboración con Freakemacine. (Festival de Sci-fi e Fantástico)

Italia-Francia, 1975 

Dirección: Pier Paolo Pasolini. Guión: Sergio Citti e Pier Paolo Pasolini, sobre a obra do marqués de Sade. Produción: PEA e Les Productions Artistes Associés. Fotografía: Tonino Delli Colli.

Intérpretes: Paolo Bonacelli, Giorgio Cataldi.

Duración: 116 minutos. 

A República Social Fascista de Salò desenvolveuse no final da ocupación nazi no norte de Italia, nos anos 1944 e 1945. Nun dos filmes máis contundentes, desafiantes e metafóricos xamáis vistos, Pasolini fai súa a obra literaria do marqués de Sade Los 120 días de Sodoma. Un relato de explotación sádica: catro homes poderosos (Presidente, Duque, Maxistrado e Bispo) secuestran a un grupo de rapaces e os someten a todo tipo de xogos sexuais e torturas nun castelo. Dominio, escravitude, loita de clases, a lealdade e a traizón humanas, un repertorio de cuestións trazadas con habilidade e dureza no último filme de Pasolini, logo asasinado. Música de Ennio Morricone. 

 

Descargas

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

West Indies
6 de maio
Filmoteca de Galicia
Viaje a la felicidad de mamá Kusters
6 de maio
Filmoteca de Galicia
Viaje a la felicidad de mamá Kusters
7 de maio
Filmoteca de Galicia
Programa 2 | A infinita festa final
7 de maio
Filmoteca de Galicia