Evento: As historias que atopei nos libros
As historias que atopei nos libros
sábado, 16 marzo, 2019 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela As historias que atopei nos libros
Sesión de narración oral en castelán con Iñaki Carretero
A biblioteca acolle este espectáculo no marco da VII Edición do Festival Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral.
Un pucheiro de contos, cancións e xogos de palabras para alimentar a imaxinación.
Iñaki Carretero é contador de historias dende o ano 98, sente que é un luxo vivir do conto. Percorre a xeografía cos seus contos, libros e amados cans.
Ten unha enorme experiencia en descubrir as historias que hai no aire, nas bibliotecas, nas letras que bailan ás veces sen sentido para nenos e nenas.
Para nenos e nenas a partir de 3 anos.
No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Espectáculo



