Evento: Mercedes mais eu

Mercedes mais eu
sábado, 19 febreiro, 2022 - 21:00
Auditorio Pazo da Cultura,
Pontevedra
Espectáculo de danza contemporánea de Janet Novas

Mercedes mais eu é produto da colaboración entre a artista Janet Novás e a compositora Mercedes Peón.

Tras varios encontros de improvisación en contextos e espazos moi heteroxéneos, onde as dúas artistas exploran as relacións particulares que existen e que se establecen entre "a súa danza e a súa música", xorde a necesidade e o desexo de profundar, entender, organizar ou escribir e dedicarlle un tempo de "estudo" á devandita relación. Desta forma, entre instrumentos, recordos, cancións e bailes comezan a aflorar conceptos da bagaxe de ambas e en diferentes estados de latencia. Algúns deles de gran contido socio-político: identidade, pertenza, sororidad, creación colectiva, xénero... e subxacen na maior parte dos materiais, desde os "obxectos" musicais aos danzísticos ou biográficos. Outros, conceptos somáticos ou experiencias cuánticas: tranco, enerxía, vibración... e aparecen nos pulsos, os ritmos e os tonos, nas voces e nas dinámicas, nos silencios, nas formas.

O traballo é ademais unha proposta sutil sobre o común sensible, e unha aposta polo facer/saber artístico.
  

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Agasallo das árbores
22 de abril, 18:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
Alicia Wants To
23 de abril, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Teatro de papel
Teatro de papel
24 de abril, 10:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
Teatro de papel
Teatro de papel
24 de abril, 12:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña