Evento: 'Bernarda'

sábado, 14 marzo, 2020 - 21:30
Auditorio do Centro Cívico Cultural
, Muros
Espectáculo teatral a cargo de Malasombra Producións

Elenco: Luisa Merelas, Celia González e Esther Aja.

Sinopse: 'Bernarda' recolle o punto de partida de 'La casa de Bernarda Alba', escrita por Federico García Lorca en 1936, é dicir, unha muller que queda viúva con fillas mozas e decreta un rigoroso loito, pero traslada a acción a unha vila de Galicia case corenta anos máis tarde, en 1975, nun momento clave da nosa historia recente, no que as ansias de cambios chocan coas tradicións máis arraigadas, como é neste caso, o loito.

Bernarda, ao quedar viúva, tenta que todo siga sendo igual que sempre, como foi toda a súa vida, e que as malas influenzas dunha sociedade en proceso de transformación non cheguen ás súas fillas nin a ela mesma.  Bernarda non entende a música yeyé, as minisaias, os guateques, nin ningunha das novas modas da xuventude da época, e a súa reacción é  clara: 'Mentres eu viva, nesta casa non vai cambiar nada e as cousas vanse facer como se teñen que facer'.

'Bernarda' é unha historia comprensible e universal, coa que calquera pode sentirse identificado, pois quen máis quen menos viviu un choque xeracional, onde os valores e as costumes dos máis vellos topan coa  necesidade dos máis novos de crear un mundo distinto cos seus propios códigos e condutas.

 

 

 

 

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

O libro da selva
23 de febreiro, 12:00
Sala Principal- Auditorio municipal
Arlequina
23 de febreiro, 18:00
Auditorio Municipal de Vigo
O mel non caduca
27 de febreiro, 20:30
Sala Principal - Auditorio municipal
Pavillón Lino
28 de febreiro, 20:00
Centro cívico e cultural