Evento: A compañeira de piso

venres, 14 febreiro, 2020 - 21:30
Teatro Municipal de Tui
, Tui

A compañeira de piso

Espectáculo a cargo da compañía Contraproducións

Dirección: Belén Pichel e Cándido Pazó.

Elenco: Patricia Vázquez e Rebeca Montero

Sharon, unha ama de casa de cincuenta e pico anos e recentemente divorciada, publica un anuncio para compartir a súa casa no corazón do rural de Iowa.

Sharon procura alguén coma ela, unha compañeira, se cadra, unha amiga. A chegada de Robyn para ocupar o cuarto deixa a Sharon de pedra xa que non podían ser máis diferentes: lesbiana, vegana, chegada do Bronx... Pero lonxe de arredarse, Sharon comeza a experimentar co estraño (e prohibido) xeito de vida de Robyn sen saber que a súa inquilina procura un refuxio no que agocharse e cambiar de vida. 

Unha comedia negra sobre a capacidade de reconducir o tren da propia vida e o que sucede cando éste descarrila. Adaptación da comedia The Roommate da autora americana Jen Silverman, en coprodución co Centro Dramático Galego, que trata os temas da idade, a muller e a identidade dun xeito fresco e divertido.

 

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Medida por medida de Shakespeare
21 de febreiro, 20:30
Sala Ángel Brage- Auditorio de Galicia
Médula
21 de febreiro, 20:30
Teatro Rosalía Castro
Chola, a it girl
21 de febreiro, 20:45
Auditorio do Centro cívico Cultural
'Bernarda'
21 de febreiro, 21:00
Auditorio Municipal de Vigo