Evento: ELE (Elena Iturrieta)

ELE (Elena Iturrieta)
sábado, 8 decembro, 2018 - 20:30
Teatro Jofre,
Ferrol

ELE (Elena Iturrieta)

A artista presenta o seu magnífico segundo traballo discográfico, What Night Hides

O sorprendente debut de ELE (Elena Iturrieta) con Summer Rain (ArcadiaMusic, 2015) trouxo consigo un gran éxito de crítica e público que á súa vez derivou nunha xira homónima por máis de 75 teatros de toda España, ademais dunha participación no festival SWSF de Austin (Texas) en 2016.

Abril de 2018 é a data elixida para lanzar o seu segundo traballo baixo o título What Night Hides, gravado no mítico estudo 2 de Abbey Road (Londres) e de novo con Pablo Cebrián á produción.

Percorrer os camiños polos que transita What Night Hides é unha experiencia hipnótica, intensa, reveladora e repleta de matices e imaxes que nos transportan, como unha desas películas nas que un queda sentado no cinema despois de que a pantalla se vaia a negro.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Concerto Coro do Hospital de Lugo (HULA)
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
Mares de historias
23 de abril
Avenida do Burgo das Nacións
The Long Ryders + Tesouro
24 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5