Evento: María del Mar Blanco Moreno
María del Mar Blanco Moreno
A profesora e concertista María del Mar Blanco Moreno entra na cámara semianecoica de Telecomunicacións en dúas sesións, 15:30 e 16:30. En colaboración coa Orquestra Clásica de Vigo, será unha experiencia única escoitar a esta intérprete que, tanto no piano como no clave, como solista ou formando parte de grupos de cámara, é unha virtuosa que tamén destaca no ámbito da música contemporánea.
A cámara semianecoica é un espazo deseñado e recuberto para absorber as ondas sonoras e electromagnéticas. Unha sala, na Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, na que practicamente non hai eco nin reverberacións. Os músicos que até agora participaron nesta experiencia destacan o silencio, a percepción multiplicada e, polo tanto, o coidado e a adaptación que requeriu a actuación en directo.
Nacida en Madrid en 1981, María del Mar Blanco Moreno é na actualidade profesora de clave no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Para poder participar como público, hai que inscribirse en info@sinsalaudio.org co asunto: SESIÓN MARÍA DEL MAR BLANCO MORENO. De balde, pero con capacidade é moi limitada. En colaboración coa Orquestra Clásica de Vigo.