Evento: María del Mar Blanco Moreno

María del Mar Blanco Moreno
mércores, 24 outubro, 2018 - 15:30
Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo,
Vigo

María del Mar Blanco Moreno

Dentro do programa Sinsal 16 Outono Vigo

A profesora e concertista María del Mar Blanco Moreno entra na cámara semianecoica de Telecomunicacións en dúas sesións, 15:30 e 16:30. En colaboración coa Orquestra Clásica de Vigo, será unha experiencia única escoitar a esta intérprete que, tanto no piano como no clave, como solista ou formando parte de grupos de cámara, é unha virtuosa que tamén destaca no ámbito da música contemporánea.

A cámara semianecoica é un espazo deseñado e recuberto para absorber as ondas sonoras e electromagnéticas. Unha sala, na Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, na que practicamente non hai eco nin reverberacións. Os músicos que até agora participaron nesta experiencia destacan o silencio, a percepción multiplicada e, polo tanto, o coidado e a adaptación que requeriu a actuación en directo.

Nacida en Madrid en 1981, María del Mar Blanco Moreno é na actualidade profesora de clave no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Para poder participar como público, hai que inscribirse en info@sinsalaudio.org co asunto: SESIÓN MARÍA DEL MAR BLANCO MORENO. De balde, pero con capacidade é moi limitada. En colaboración coa Orquestra Clásica de Vigo.

Máis eventos de tipo Concerto

Guadalupe Plata
22 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto Antía Muíño - Fin de Festa Letreseo 2025
23 de maio
Casa Museo da Fundación Camilo José Cela
Os Carismáticos
23 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
French Riviera
24 de maio
A Pousada da Galiza Imaxinaria