Evento: Letriska Inmobile
Letriska Inmobile
Letriska Inmobile combina disciplinas de novo circo, como malabares, pallaso ou equilibrios, xunto a excentricidades e xogos co público. O protagonista busca sorprender a todos realizando proezas como malabares incribles, memorizar centos de nomes, darlles novos usos a obxectos cotiáns, pelexar co público ou converter a un neno nun grande artista de circo. O espectáculo reúne habilidade, perspicacia, velocidade mental e, sobre todo, tolería.
Malia a súa ampla traxectoria de dez anos nos escenarios, Isla LeTriska conserva íntegra a ansia artística do principiante. O artista mantén a estética e a liña humorística dos grandes pallasos arxentinos nunha conexión directa co público, na que as falcatruadas agroman a cada pouco.
Máis eventos de tipo Espectáculo



