Evento: Tras as pegadas do mariscal. Visita á fortaleza da Frouseira
Tras as pegadas do mariscal. Visita á fortaleza da Frouseira
Subida ao miradoiro da Frouseira, na parroquia de Santa Cilla do Valadouro, lugar no que resistiu durante tres anos ao asedio dos exércitos dos Reis Católicos o mariscal Pardo de Cela. A visita enténdese como unha aproximación á figura do mito e a un dos episodios máis relevantes e decisivos da historia de Galicia, acontecido no século XV. A fortaleza de Pena Frouseira, bastión natural case inexpugnable, aséntase sobre un afloramento granítico a unha altura de 429 metros e a súa planta adáptase ás moitas irregularidades do terreo. Actualmente consérvanse escasos restos e en mal estado.
A xornada complétase cunha visita comentada á basílica de San Martiño.
Distancia: 1 km aprox.
Dificultade: media (a distancia é curta, pero o desnivel é acusado e o terreo é irregular)
Inscrición: non é precisa inscrición
Este evento forma parte da programación de Espazos Sonoros 2018, unha proposta cultural organizada pola Xunta de Galicia para achegar á cidadanía a lugares singulares do patrimonio, a través dun programa de actuacións de música e visitas.



