Evento: Feira Franca Medieval de Betanzos

Feira Franca Medieval de Betanzos
venres, 7 xullo, 2023 a domingo, 9 xullo, 2023
varios espazos,
Betanzos

Feira Franca Medieval de Betanzos

Música, teatro e diferentes representacións levaranse a cabo ao longo destes tres días de Feira

Celébrase desde 1998 en recordo da feira que tiña lugar nesta cidade durante o mes de novembro nos séculos XIV e XV.

As rúas e os balcóns dos edificios do Centro Histórico de Betanzos son engalanados con teas e estandartes que representan os escudos das familias betanceiras do baixo medievo.

Os actos centrais desta Feira Franca teñen que ver coa interpretación de escenas que marcaron de xeito importante o desenvolvemento e a cultura de Betanzos:
 

  • Chegada do Señor de Andrade á cidade, que fai referencia á concesión no ano 1465, por parte do rei Enrique IV de Trastámara a Betanzos, do título oficial de Cidade e á concesión no ano 1467 do privilexio de poder realizar unha Feira Franca cada ano no mes de novembro
  • Incendio da cidade no ano 1569
  • Outras representacións históricas: a Batalla das Figueiras e a Revolta Irmandiña
  • Na terceira xornada prodúcese quizais a escena máis laboriosa de todas, que recrea a peste e as doenzas que asolaron a cidade no ano 1381, e que conclúe cunha representación da expulsión dos leprosos da cidade
  • Na tarde do domingo e na Praza dos Irmáns García Naveira ten lugar un torneo medieval a cabalo con representación dun xuízo de Deus e unha xusta, todo isto precedido dunha exhibición de tiro con arco e unha exhibición de cetraría

Todo está complementado con gran cantidade de música e teatro de rúa. Malabares, representacións nas distintas prazas do Centro Histórico, xogos de lume, xograres, bufóns, etc. Ademais de case 150 postos dedicados á venda de distintos produtos.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Danzas Ancestrais de Darbo
6 de setembro a 9 de setembro
Varios espacios
Romarías da Virxe da Franqueira
7 de setembro a 9 de setembro
A Franqueira
Romaría da Nosa Señora da Barca
12 de setembro a 16 de setembro
Muxía
Festividade da Virxe de Guadalupe
13 de setembro a 20 de setembro
varios espazos