Evento: Arteficial

Arteficial
sábado, 1 setembro, 2018 a domingo, 2 setembro, 2018
Varios espazos da vila,
Ribadavia

Arteficial

Romaría da música e cultura alternativas

Os barrios da Madalena e A Oliveira de Ribadavia acollen a edición número 12 de Arteficial, un festival xurdido da asociación do mesmo nome que ten como obxectivo potenciar novas actividades e mesturar diversas formas de expresión cultural dende unha postura actual e innovadora, atendendo á demanda da xuventude en xeral.

Este festival musical e interdisciplinario celébrase no conxunto histórico de Ribadavia. A proposta reúne actuacións musicais de grupos non habituais no circuíto de festivais de Galicia con outras actividades, como exposicións plásticas ou mercado das sementes. 

Na edición de 2018 actuarán agrupacións como os composteláns Oh Ayatollah ou os portugueses Whales. 

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos