Evento: Violín Opus 4

  • Taller de construcción de violíns
Violín Opus 4
venres, 25 maio, 2018 - 19:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Violín Opus 4

Presentación de documental

A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés presenta o documental Violín Opus 4, feito por un colectivo de luthiers, que narra o complexo e microscópico arte de facer violíns.

A construción de violíns é un oficio entrañable e solitario que leva retos complexos como xulgar se o instrumento soa ou non, se é bo ou a dificultade de sacar o seu primeiro son. É un percorrido por distintos puntos de vista, pola afectividade, como pode comprobarse no documental Opus 4 (2007) do director Pablo Gasca Gollás.

Nel relátase non só a maneira de como se constrúe un violín, senón a forma en que traballa un colectivo de mozos lauderos mexicanos chamado Opus 4. Todos os seus membros son amigos e desde hai uns anos decidiron reunirse nun grupo que lles permite viaxar por toda a República para visitar distintas orquestras que carecen de lauderos propios, e dar mantemento aos instrumentos das devanditas agrupacións musicais.

O interesante de este traballo fílmico, expón o seu director, é que non existe outro colectivo de lauderos no país e que é novidade retratar o seu traballo, pois procuran que este oficio creza no medio local. Ademais, o documental non está pensado para o público de especialistas en laudería. Pola contra, serve para impulsar a vocación da xente que queira estudiar esta especialidade, para os músicos profesionais xa que moitos deles non saben como se constrúe un violín e para o público en xeral.

Esta actividade non é moi coñecida en México e os músicos nacionais non pensan nos lauderos locais como unha opción para encargar instrumentos, xa que a escola de laudería do INBA apenas ten dúas décadas de existencia, cando en Europa é unha tradición establecida hai varios séculos.

Ao final da proxección haberá un coloquio con preguntas e unha demostración breve dun dos instrumentos en vivo, que será levada a cabo polo violoncelista Carlos Ariel Gracia Beaz

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Ciclo de cine de primavera no Museo de BBAA da Coruña
Museos de cine
8 de abril a 29 de abril
Museo de Belas Artes
Las amargas lágrimas de Petra von Kant
11 de abril
Filmoteca de Galicia
Ciudad sin sueño
14 de abril
Filmoteca de Galicia
Las amargas lágrimas de Petra von Kant
14 de abril
Filmoteca de Galicia