Evento: Holi Gaiás

  • Holi Gaiás
Holi Gaiás
sábado, 5 maio, 2018 - 12:00
Cidade da Cultura de Galicia,
Santiago de Compostela

Holi Gaiás

Unha actividade divertida para dar a benvida á primavera

A Cidade da Cultura de Galicia convida a dar a benvida á primavera o sábado 5 de maio nunha actividade saudable, en contacto coa natureza e sobre todo divertida como é a carreira Holi Gaiás, que tras o éxito de participantes do ano pasado volver ser a protagonista do programación de Cidade Verde, que tamén inclúe andainas polos novos sendeiros do Bosque de Galicia e unha demostración con papaventos para tirar proveito do vento tan característico do cumio do Monte Gaiás.

A Holi Gaiás volve á Cidade da Cultura e con ela o seu espírito nada competitivo, no que o importante non é gañar senón celebrar a chegada da primavera cunha explosión de cores. Inspirada no festival Holi da India, grandes e pequenos percorrerán, a partir das 12 horas, 5 quilómetros do Bosque de Galicia e o complexo arquitectónico.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Os bolechas no Museo Massó
14 de maio a 31 de agosto
Museo Massó
Campamento de verán: lectura, manualidades, creación
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Recomendacións do club de lectura de cómic
Recomendacións do club de lectura de cómic
1 de xullo a 31 de agosto
Biblioteca Pública de Ourense