Evento: Circo menudo...menudo circo

Circo menudo...menudo circo
sábado, 16 xuño, 2018 - 20:30
Casa da Cultura,
Amoeiro

Circo menudo...menudo circo

Espectáculo de maxia da man de Máxico Brais

Un espectáculo concibido para lembrar estampas do circo que a maioría da xente coñece de sempre pero buscando a participación e implicación do público. Máis de 75 minutos de duración, que independentemente da idade, manteñen ao público expectante e participativo.

A mestura de humor, maxia, sketchs onde o espectador forma parte do elenco de participantes disfrutando e participando dos números que se presentan. 

Así é como se concibe o espectáculo Circo menudo...menudo circo Mirando a realidade do mundo do circo de hoxe, pero buscándolle a parte cómica en clave de clown, porque para o outro xénero están os profesionais.

Circo Menudo...menudo circo é un espectáculo para a familia, para nenos de 1 a 101 anos, e pode colarse calquera, xa que non piden carné.

Máis eventos de tipo Espectáculo

os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril
Multiúsos da Xunqueira
Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia