Evento: Traxandaina, o traxe aldeán de garda nas terras de Lugo

Traxandaina, o traxe aldeán de garda nas terras de Lugo
martes, 3 abril, 2018 a venres, 1 xuño, 2018
Capela de Santa María,
Lugo

Traxandaina, o traxe aldeán de garda nas terras de Lugo

Unha colección de traxes de domingar de finais do XIX e principios do XX

A Capela de Santa María acolle unha mostra sobre o traxe aldeán de garda das terras de Lugo, con diferentes vestidos  feitos e lucidos ao final do s.XIX e principios do s.XX. Son os traxes que usaban as mulleres do rural para lucir os días de feira, os domingos para ir á misa ou “domingar”, as mellores prendas que tiñan no seu armario, por tanto. 

Na exposición pode verse unha colección de 25 traxes que proceden entre outros concellos de Baleira, A Fonsagrada, Castroverde, O Corgo, Sarria, Portomarín, Guntín ou Muras, recollidos polo colectivo Traxandaina nas casas da provincia. A mostra complétase con mandís de mostra, as mantelas ou lensas que cobren a saia, os refaixos bordados a man, camisas de liño de corte rectos para aproveitar os anchos do tear e mantillos de gala, mandís de traballo, panos de peito de cabeza, toucas de pelo de cabra e mantóns de la feitos no Val de San Lourenzo. 

Os mércores hai visitas guiadas gratuítas á exposición baixo inscrición. 

Máis eventos de tipo Exposición

cantareiras
Cantareiras
11 de abril a 28 de setembro
Museo do Pobo Galego
Pavía 1525. 500 anos do nacemento dos terzos españois
18 de maio a 6 de setembro
Museo Militar da Coruña