Evento: Celebración do Día do Libro, 23 de abril
Celebración do Día do Libro, 23 de abril
O vindeiro 23 de abril, a Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal convídavos a sumarvos á celebración do Día do Libro coas seguintes actividades:
Campaña de liberación de libros. Durante a semana do 16 ao 23 de abril liberamos libros por diferentes espazos da nosa biblioteca para que as persoas interesadas escollan que libros levar a casa entre unha gran variedade. Despois de lelos, poderán á súa vez deixalos nalgún lugar da nosa cidade para que outra persoa goce coa súa lectura. Esta campaña ten como obxectivo expandir a cultura máis alá das paredes das bibliotecas e espazos culturais.
Contacontos "Imaxina que..." a cargo de Ramiro Neira. Sábado, 21 de abril ás 12h. Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Un libro para cada lector ou lectora: recomendámosche un libro. As persoas que se acheguen á biblioteca o día 23 de abril poderán recoller nos mostradores de Información e da Sala Infantil recomendacións de lecturas realizadas polo persoal da biblioteca.
Sorteo de lotes de libros entre todos os usuarios e usuarias que leven un libro en préstamo o día 23. O sorteo realizarase o martes, 24 de abril.
Visita guiada extraordinaria ás 12.00h para que todas persoas que o desexen poidan coñecer todos os espazos e servizos que ofrece a Biblioteca.
Convocatoria do VIII Concurso de Carteis do Día das Letras Galegas. As bases poderán consultarse a partir do 23 de abril na páxina web da Biblioteca, no seu Facebook, así como nas propias instalacións do centro. Os traballos depositaranse do 23 de abril ao 12 de maio de 2018 na caixa de correos habilitada no mostrador da Sala infantil da biblioteca.
Dentro da literatura, charla de Suso de Toro. Xoves 26 de abril ás 19.30h. Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.