Evento: Natalia Lafourcade

Natalia Lafourcade
domingo, 18 febreiro, 2018 - 20:00
Auditorio Municipal de Ferrol,
Ferrol

Natalia Lafourcade

A cantante mexicana presenta o seu último álbum, Musas

Tras o seu paso por Barcelona e Madrid, Natalia Lafourcade recalará no mes de febreiro no ciclo SON(S) Ferrol. A artista mexicana, coñecida pola súa mestura de sons latinoamericanos con elementos de jazz, rock, bossa nova e folk, interpretará os grandes éxitos da súa carreira e presentará, ademais, o seu último álbum Musas.

Desde o seu álbum debut en 2002, Natalia Lafourcade, a artista non parou de cultivar éxitos, logrando unha nominación aos premios Grammy con tan só 17 anos e alzándose, posteriormente, cun Grammy e cinco Grammy Latinos por Hasta la raíz, o seu traballo máis exitoso ata agora. En 2018 regresa a España con Musas, unha homenaxe ao folclore latinoamericano en mans de Los Macorinos; unha xoia que Natalia puido crear xunto ao dúo de músicos que acompañou de xira á gran Chavela Vargas. Unha fermosa e delicada produción publicada en maio de 2017, onde a súa voz está acompañada pola calidez de dous guitarras acústicas, un catro venezolano, jaranas, percusións, piano, armonio e contrabaixo. Unha produción na que tamén destaca o contido audiovisual a través de poderosas imaxes que reflicten o trasfondo humano do proxecto.

Lafourcade ofrecerá tan só tres concertos en España en 2018: Madrid, Barcelona e Ferrol.

Compra de entradas: desde 18€

Máis eventos de tipo Concerto

Maxicamente
2 de xullo
Praza do Cantón
Maxicamente
3 de xullo
Praza do Concello
Catas sonoras
3 de xullo
Museo do Viño de Galicia