Evento: Raclette
Raclette
Raclette
Espectáctulo de teatro a cargo de Ibuprofeno Teatro
Elenco: Salvador del Río, Deborah Vukusic, Toni Salgado, Iria Sobrado e Marián Bañobre.
A raclette é un xeito de comer en comunidade inventado polos pastores suízos que, para escorrentaren o frío e a soidade da montaña, se reunían arredor dunha pedra quentada ao lume para ir cociñando nela, a medida que comían, queixo, carne e verduras. Esta raclette urbana e contemporánea une, durante unha cea, dúas tramas que aparentemente non teñen relación, pero que conviven e se entrelazan para rematar contando unha historia terrible que trata temas universais como a morte, a parella, a maternidade, a cobiza e a violencia.
Ligazóns
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios
25 de abril, 12:30
Teatro Principal - A Estrada - Pontevedra
25 de abril, 18:00
Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil - Muros - A Coruña
25 de abril, 18:30
Casa da cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña
25 de abril, 19:30
Auditorio Baldomero Cores - Cee - A Coruña