Evento: Carmina Burana e Requiem de Mozart

  • Orquestra e Coro Estatais Ucraínos de Kharkov
Carmina Burana e Requiem de Mozart
venres, 9 marzo, 2018 - 20:30
Teatro Afundación Vigo,
Vigo

Carmina Burana e Requiem de Mozart

A Orquestra e Coro Estatais Ucraínos representan dúas grandes obras da música clásica

Requiem en re menor é a última obra composta por W. A. Mozart, que non chegou a completar debido ao seu falecemento. Isto e o feito de ser a única misa de defuntos composta polo vienés, fixeron da obra unha lenda. Composta en 1971, o esquema instrumental responde ao típico de orquestra sinfónica da época.

Carmina Burana é a obra máis representativa do compositor alemán Carl Orff. A obra está inspirada nuns poemas medievais en latín, dos cales toma o texto. Esta cantata supuxo un gran éxito na súa estrea e a día de hoxe é coñecida mundialmente.

Ambas serán representadas pola Orquestra e Coro Estatais Ucraínos de Kharkov, unha das formacións máis destacadas de Ucraína, composta por músicos de primeiro nivel.

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto
18 de xullo
Campo do Souto
Homenaxe á música latina
18 de xullo
Praza do Concello
Quitar o aire
19 de xullo
Ponte Maceira