Evento: Carmina Burana e Requiem de Mozart
Carmina Burana e Requiem de Mozart
O Requiem en re menor é a última obra composta por W. A. Mozart, que non chegou a completar debido ao seu falecemento. Isto e o feito de ser a única misa de defuntos composta polo vienés, fixeron da obra unha lenda. Composta en 1971, o esquema instrumental responde ao típico de orquestra sinfónica da época.
Carmina Burana é a obra máis representativa do compositor alemán Carl Orff. A obra está inspirada nuns poemas medievais en latín, dos cales toma o texto. Esta cantata supuxo un gran éxito na súa estrea e a día de hoxe é coñecida mundialmente.
Ambas serán representadas pola Orquestra e Coro Estatais Ucraínos de Kharkov, unha das formacións máis destacadas de Ucraína, composta por músicos de primeiro nivel.
Máis eventos de tipo Concerto