Evento: Redondela
Redondela
Redondela
Presentación do último disco da Orquestra de Saxos do Conservatorio Profesional de Música
A Orquestra de Saxos do Conservatorio Profesional de Música presenta en concerto o seu disco Redondela, o seu quinto traballo que recolle varias pezas da memoria musical colectiva. Elisa Arias, a promotora e directora da orquestra, estará á batuta.
A Orquestra de Saxos do Conservatorio Profesional de Música de Redondela foi creada hai máis de 20 anos e está integrada, neste momento, por 52 membros, todos estudantes dese centro. É a única no mundo formada só por saxofonistas e ofrecen actuacións por toda Galicia, España e Europa, así como concertos didácticos para o alumnado máis novo, de entre 3 e 16 anos.
Máis eventos de tipo Concerto



