Evento: Habelas Hainas

  • Habelas Hainas
Habelas Hainas
sábado, 23 setembro, 2017 - 00:00
As Canteiras,
Antas de Ulla

Habelas Hainas

Actuación no IV Antas de Ulla FAM

É no 2010 cando se cruzan os camiños destas catro mulleres de ampla traxectoria no mundo da música tradicional, para crearen o proxecto Habelas Hainas.

Coas mesmas inquedanzas musicais e vitais, forman un quebracabezas onde os catro elementos se xuntan e complementan de xeito persoal. A súa versatilidade vai alén do feito de seren multinstrumentistas, e lévaas a explorar outros eidos artísticos poético-teatrais, facendo de cada espectáculo algo diferente e senlleiro. O seu punto de partida é a música tradicional e de raíz, sentíndose parte dunha tradición longa e viva da que xorde a natural necesidade de expresárense, sempre dende unha ollada feminista e plural. Isto lévaas a explorar outras músicas, crear os seus propios temas e experimentar coa tradición. Esta permanente inquedanza reflítese na indagación e aproveitamento dos diferentes recursos dos instrumentos tradicionais, creando un son enérxico, fresco e orixinal.

A formación actuará no marco do IV Festival da Amizade Musical en Antas de Ulla. Previamente, celebraranse diversos obradoiros e xogos populares, así como unha cea popular e o concerto de Boj. E como boa festa, rematará con foliada libre.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Concerto tributo 'Lembra Xabarín'
12 de abril
Auditorio Municipal de Goián
Plural Ensemble · Nieve sobre nieve
13 de abril
Avenida do Burgo das Nacións
Los auténticos decadentes
14 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5