Evento: Castelo Conta

Castelo Conta
sábado, 26 agosto, 2017 - 16:00
Castelo,
Culleredo

Castelo Conta

Contos nas aldeas de Castelo nunha andaina inédita cargada de moito e moi bo humor

O Castelo Conta é unha andaina polas seis aldeas de Castelo, a parroquia de Culleredo na que naceu e vive Xosé Antonio Touriñán. Unha andaina especial, na que participarán os mellores cómicos do noso país, acompañando aos camiñantes, contando contos e historias en improvisados escenarios no medio da ruta. Non faltará a música polo camiño. Á noite, e logo dunha saborosa cea para repoñer forzas, a xornada rematará cun exclusivo espectáculo de monólogos e dous concertos ata ben entrada a madrugada.

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

visitas escolares todo o curso 2025-2026 no Museo de Belas Artes da Coruña
Visitas escolares
8 de setembro a 21 de xuño
Museo de Belas Artes
Obradoiros e visitas para o curso escolar no Museo Massó
Obradoiros e visitas guiadas
8 de setembro a 19 de xuño
Museo Massó
ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA EN COMPOSTELA. Rutas de arquitectura - Reedición
14 de febreiro a 14 de novembro
Centro Galego de Arte Contemporánea
O Museo a fondo. Serafín Martínez del Rincón y Trives
12 de marzo a 20 de xuño
Museo de Belas Artes