Evento: A maxia de Jorge Blass

  • A maxia de Jorge Blass
  • A maxia de Jorge Blass
  • A maxia de Jorge Blass
A maxia de Jorge Blass
domingo, 3 decembro, 2017 - 18:00
Sede Afundación de Pontevedra,
Pontevedra

A maxia de Jorge Blass

O famoso mago é coñecido polas súas habilidades coa maxia en todo o mundo

O famoso mago, Jorge Blass, vén a Galicia a demostrar os seus dotes como ilusionista. Ten unha gran traxectoria xa que leva moitos anos dedicando a súa vida á maxia.

No ano 2015 véndelle un dos seus trucos ao mago máis coñecido no mundo, David Copperfield, e por iso demostra que ten unhas habilidades inigualables no panorama nacional.

Na actuación fará diferentes trucos, entre os que veremos desaparicións, levitacións e espectáculos co público nunca vistos.

Blass conta con numerosos premios polas súas habilildades como A Varita Máxica de Ouro de Mónaco e a Siegfried and Roy de Las Vegas. Desde hai moito tempo leva a súa maxia por todo o mundo e por iso é recoñecido internacionalmente.

Máis eventos de tipo Espectáculo

os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril
Multiúsos da Xunqueira
Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia