Evento: Peter Punk e o neno imperdible

Peter Punk e o neno imperdible
domingo, 3 decembro, 2017 - 12:30
Teatro del Andamio,
A Coruña

Peter Punk e o neno imperdible

Espectáculo infantil de clown

Que lle acontece a un pallaso cando o seu ego supera o seu propio nariz? Que pasa cando un pallaso se fai preguntas e se responde a si mesmo no medio das súas rutinas? Que lle ocorre a un pallaso cando se decata de que está neste mundo para algo máis que se erguer todos os días? Asústase..., e volve ser un pallaso.

Un tendedeiro en equilibrio, seis instrumentos interpretados ao vivo: guitarra eléctica, guitarra portuguesa, acordeón, entre outros, e ata Peter punk se atreve coa armónica!

Eses son só algúns dos elementos desta novidosa proposta teatral dirixida polo recoñecido director arxentino Walter Velázquez e no que participan Peter Punk e Brais das Hortas.

Esta é unha obra que destaca polo seu coidado guión, a elaboración e enxeño das rutinas e a súa novidade é un grande traballo de dirección, así como una orixinal escenografía. Un espectáculo que, a pesar da altura do listón,supera as anteriores propostas escénicas de Peter Punk: artista novo, máis con ampla e recoñecida traxectoria dentro e fóra do país. Un músico e un artista de circo. Dous pallaos en constante reconciliación consigo mesmos, entre eles e co mundo enteiro. Un delirio nun monociclo pinchado.

Diversión, música ao vivo, momentos de tensión e perigo. A importancia da dimensión humana e solidaria do clown de calidade... un espectáculo que a través do humor non esquece a solidaredade cos nenos e nenas, especialmente os que viven en situacións de conflito.

Unha marca da compañía Peter Punk tan recoñecible como o seu humor e as risas que inundan as súas actuacións

Máis eventos de tipo Espectáculo

os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril
Multiúsos da Xunqueira
Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia