Evento: Danza 3

Danza 3
sábado, 23 agosto, 2014 - 00:00
Noia,
Noia

Danza 3

Actuacións do grupo Xacarandaina, dentro do programa de difusión do baile e música tradicionais Danza 3

Desenvolvido polas agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, O Fiadeiro de Vigo e Xacarandaina da Coruña. Os grupos saen ao encontro do público nas prazas e rúas dun total de nove localidades galegas a través doutras tantas actuacións especiais que terán lugar ata primeiros de outubro.
 
Fiadeiro actúa en setembro en Xinzo de Limia e xa en outubro, en Cerdedo. Pola súa banda, Xacarandaina preséntase en Noia o día 23 de agosto, en Xove o 24 de agosto e en Sada o 30 de agosto, mentres que Cantigas e Agarimos está o 30 de agosto en Rianxo e conta con dúas datas máis en setembro (Marín) e outubro (Lourenzá).  

Máis eventos de tipo Espectáculo

O punto impropio
17 de abril
Teatro Rosalía Castro
Monte
17 de abril
Auditorio Municipal Gustavo Freire
benquerer
BenQuerer
17 de abril
Auditorio do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía
Cicatriz
17 de abril
Cicatriz