Evento: Absentia

Absentia
venres, 28 abril, 2017 - 20:30
Teatro Principal de Santiago de Compostela,
Santiago de Compostela

Absentia

Espectáculo de danza de Cisma e La Incidente D-T

A nosa mente ten necesidade de pechar un círculo mesmo se as liñas que o conforman non están unidas, de tal xeito que este en realidade non existe. O resto da contorna é creada pola nosa imaxinación. Nesta peza creamos dende a ausencia, dende a imaxinación, a ausencia é o que nos move. Resumo do espectáculo de danza das dúas compañías.

A Compañía Cisma nace en 2009, fundada por Xiana Vilas e Isabel Sánchez. O interese común por establecer novos diálogos con outras disciplinas e a procura de novas formas de expresión a través do movemento, son os eixos principais en torno ós que xira o traballo desta compañía.  En 2011 únese á compañía a bailarina e actriz Fiona B. McCudden e froito dunha traxectoria irreversible únese á compañía a artista multidisciplinar Claudia Delso.

La Incidente D-T nace no ano 2011 baixo a dirección do bailarín e coreógrafo Leodan Rodríguez. Rodríguez, licenciado en Artes da Danza polo Instituto Superior de Arte de Cuba, investiga e traballa, a través desta compañía, na expresión incidente, a acción que ocorre no presente, o movemento que sobrevive aos feitos e as acción que detonan en outras accións.

Máis información do espectáculo, neste enlace: http://www.compostelacapitalcultural.com/detalles/17882/eventos.html

Máis eventos de tipo Espectáculo

Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia
Imaxe
Hocus Pocus
2 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal