Evento: Unha vida de emocións en 32 sonatas
Unha vida de emocións en 32 sonatas
martes, 18 abril, 2017 - 20:30
Facultade de Xeografía e Historia,
Santiago de Compostela Unha vida de emocións en 32 sonatas
Concerto do pianista Manuel López Jorge
As sonatas para piano de Beethoven volven soar no Paraninfo da Universidade. Nesta ocasión, o pianista compostelán Manuel López Jorge interpretará a Sonata 24 en Fa sostido maior Op. 78 (A Teresa), a 25 en Sol maior Op. 79, a 26 en Mi bemol maior Op. 81a (Os adeuses) e a Sonata 27 en Mi menor Op. 90.
Nado en Santiago de Compostela e na actualidade establecido en Londres, Manuel López Jorge desenvolve un intenso labor como pianista e compositor. Ofreceu recitais en moitas das salas máis prestixiosas de Londres incluíndo St. Martin-in-the-Fields, Steinway Hall e St. James Picadilly.
Máis información, aquí.
Máis eventos de tipo Concerto