Evento: Cocorocó
Cocorocó
Cocorocó
Espectáculo infantil de narración oral a cargo de Raquel Queizás
COCOROCÓ é un espectáculo de narración oral no que se empregan obxectos, monicreques, debuxos e interación co público.
Pero...quen canta COCOROCÓ? Unha galiña, pero non unha galiña calquera, non, unha galiña azul. Sí, azul como o ceo, coma o noso mar, unha galiña diferente a todas as demáis. Por iso é perseguida e quere matala Manolito Listón porque él di que unha galiña que en vez de dicir cacaracá di cocorocó, que pon ovos de cores e ten cinco plumas vermellas na á dereita , non é unha galiña como debe ser pero...
Chsss! silencio, é mellor que o conte ela, sí a Galiña Azul.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Espectáculo



