Evento: Itinerario polos órganos de Compostela

Itinerario polos órganos de Compostela
mércores, 12 abril, 2017 - 16:00
Saída desde a Igrexa da Universidade,
Santiago de Compostela

Itinerario polos órganos de Compostela

Descubrir os vestixios dunha frutífera actividade arredor do órgano na capital de Galicia

 

Para descubrir os vestixios dunha frutífera actividade arredor do órgano na cidade de Compostela e o rico legado organístico que aínda se conserva nela, propóñense novos itinerarios nos que descubrirmos algúns dos órganos que integran estas descoñecidas paisaxes.

Nesta nova edición renóvase a oferta de espazos visitados: os órganos das igrexas da Compañía, de San Miguel dos Agros, de San Paio de Antealtares e de San Martiño Pinario.

Durante o percorrido poderemos ver moi de cerca estes instrumentos, aprender cousas sobre os seus construtores, estilos e a época na que foron construídos pero, e sobre todo, escoitar, naqueles órganos que aínda están en activo, o seu son. 

Adrián Regueiro, órgano 

Andrés Díaz Pazos, relator

 

ÓRGANOS QUE SE VISITARÁN

>> Sábado 1 de abril, igrexa da Compañía ou da Universidade, 16.00 h 

Visita aos órganos da Compañía, San Paio e San Martiño Pinario 

>> Sábado 8 de abril, igrexa da Compañía ou da Universidade, 16.00 h 

Visita aos órganos da Compañía, San Paio e San Martiño Pinario 

>>Mércores 12 de abril, igrexa da Compañía ou da Universidade, 16.00 h 

Visita aos órganos da Compañía, San Miguel e San Martiño Pinario

Gratuíto previa retirada de convites no Teatro Principal. De non esgotarse, tamén se poderán recoller o propio día da actividade no lugar de celebración da mesma desde 1 hora antes do seu comezo.

Máis información, aquí.

 

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

visitas escolares todo o curso 2025-2026 no Museo de Belas Artes da Coruña
Visitas escolares
8 de setembro a 21 de xuño
Museo de Belas Artes
Obradoiros e visitas para o curso escolar no Museo Massó
Obradoiros e visitas guiadas
8 de setembro a 19 de xuño
Museo Massó
ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA EN COMPOSTELA. Rutas de arquitectura - Reedición
14 de febreiro a 14 de novembro
Centro Galego de Arte Contemporánea
O Museo a fondo. Serafín Martínez del Rincón y Trives
12 de marzo a 20 de xuño
Museo de Belas Artes